Samsung presenta unha cámara de vÃdeo envolvente
luns, 22 de febreiro do 2016
Para facilitar a creación de vÃdeo envolvente, que poida
experimentarse nos emerxentes sistemas de realidade virtual dun xeito cómodo e atractivo,
dende
Samsung quixeron ofrecer unha solución de seu, a cámara Gear 360, que vén a
ser unha cámara máis de 360 graos, pero que en vez de chegar dunha startup, vén da man dun grande
fabricante, o que achega unha maior confianza sobre o seu soporte presente e
futuro.
A cámara
Samsung Gear 360 está equipada con 2 cámaras con obxectivos de ollo de
peixe de 15 MpÃxeles, o que permite rexistrar imaxes de 30 MpÃxeles, asà como
vÃdeos panorámicos (a 30 cadros por segundo empregando codificación H.265),
conseguindo funcionar incluso en condicións de iluminación pouco propicias (ou
sexa, en interiores), xa que os obxectivos teñen unha apertura de f2.0.
Entre as vantaxes desta cámara está o feito de que pode sincronizarse cun
smartphone de Samsung (como os Galaxy S6, S6 edge, S7, S7 edge e Galaxy Note 5)
para poder previsualizar o seu contido en tempo real, podendo gravarse os
vÃdeos directamente no smartphone (aÃnda que o soporte de gravación habitual é
unha tarxeta microSD de até 128 GB colocada no seu interior) ou compartilos a
través de canles sociais (incluÃndo Google Street View).
A Gear 360 mide 66,7 x 56,2 x 60 milÃmetros, pesa 153 gramos incluÃndo a súa
baterÃa de 1.350 mAh, ten conectividade Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1, USB 2.0 e NFC,
e incluso ten resistencia IP53 ante po e auga.
Sairá á venda no segundo trimestre do ano.
VÃdeo de demostración gravado coa cámara Samsung Gear 360