Samsung reforza a oferta de contidos en UHD para os seus televisores

venres, 29 de agosto do 2014 Marcus Fernández

Resulta curioso ver como xa hai no mercado numerosos televisores de ultra alta definición (UHD) a prezos relativamente moderados pese a carecer de contidos a tal resolución, e para suplir tal carencia dende Samsung anuncian que están a chegar a acordos con distintos provedores de contidos como Amazon, Netflix e mesmo Wuaki.tv para ofrecer contidos de ultra alta definición que poderán recibirse directamente dende os seus televisores conectados.
Deste xeito, por exemplo, os usuarios de Netflix nos EE.UU. poderán ver a segunda tempada da serie House of Cards en ultra alta definición no seu televisor Samsung, así como tamén ofrecerán contidos de calidade como a retransmisión mediante streaming dende Viena da ópera Nabucco interpretada por Plácido Domingo (para o que haberá que recorrer á aplicación da Ópera de Viena, que pretende achegar outras 10 actuacións máis en UHD). As emisións en UHD de Amazon comezarían en outubro, aínda que polo momento supomos que a oferta limitarase aos EE.UU.
Sorprende que vexamos que as plataformas en liña de vídeo baixo demanda aposten tan cedo pola ultra alta definición cando actualmente en servizos como Wuaki.tv aínda non están dispoñibles todas as novidades en HD, á vez que ás velocidades de acceso á Rede actuais poden ser un serio atranco para a recepción de vídeo con calidade cinematográfica.

A calidade de imaxe de House of Cards en ultra alta definición puido verse na pasada edición do CES</A>

PUBLICIDADE