Satdata Telecom lanza ó mercado a versión 6.0 do seu sistema Satdata local

martes, 16 de xaneiro do 2007 Raquel Noya

En xullo de 2003, Satdata Telecom (empresa pertencente ó Grupo ITC), presentou Satdata Local 1.0, o primeiro sistema de xestión e control de flotas que a compañía galega poñía no mercado. Esta innovadora ferramenta de xestión de flotas, que foi evolucionando con melloras substanciais ó longo destes anos, baséase en tecnoloxía de posicionamento GPS e de transmisión de datos GPRS que lle permite ós empresarios con equipamento de vehículos ter localizados ós mesmos en tempo real.
Agora, Satdata Telecom vén de lanzar ó mercado a versión 6.0 do seu Satdata Local, que incorpora, entre outras novidades, o último Microsoft Mappoint 2006, a nova versión SQL Server 2005, novos informes automatizados por condutor, por vehículo e por zona, e interfaces preparados para integración con ERP.
O xerente desta firma con sede en Culleredo (na Coruña), José Luis Madrid, asegura que “a versión 6.0 está moi mellorada con respecto á 5.0” e que “os cambios introducidos beneficiarán ós seus clientes e farán de Satdata Local unha solución aínda máis rendible e beneficiosa para as empresas”.

PUBLICIDADE