Secuestran durante 30 horas o blog La Huella Digital
xoves, 8 de xullo do 2010
O betanceiro Nacho de la Fuente, xornalista
de La Voz de Galicia, decidiu en xaneiro de 2005 iniciarse no mundos dos blogs
creando La Huella Digital, un
espazo dixital que foi medrando con el e, pese a non corresponder a unha
actividade remunerada, a calidade dos seus contidos levárono a recibir
distintos recoñecementos coma o Premio Internacional BOBs 2006 ao mellor blog
en español, o premio ao mellor blog do ano no II Congreso de Webmasters de
Madrid (2008) e incluso a figurar entre os finalistas coma mellor blog periodÃstico
nos Premios Bitácoras.com.
Lonxe de buscar un proveito económico desta publicación persoal, Nacho de la
Fuente aproveita a sona do seu blog para relacionarse cos seus lectores, con
outros profesionais e incluso para exercer como activista na Rede, coma quedou
constancia coa súa coñecida blogocampaña
contra a pornografÃa infantil na Rede, de aà que resulte indignante que
outros quixeran usurparlle o seu espazo na web, e tras recibir un
correo malicioso no que se lle instaba a confirmar a súa conta de usuario
no servizo de Blogger para evitar o borrado da súa bitácora, levou unha
desagradable sorpresa: usurparan a súa identidade para roubarlle o blog.
O roubo dun blog de éxito é algo que poden aproveitar persoas sen escrúpulos
para expor aos seus visitantes a códigos maliciosos (coma troianos) ou incluso
para enlazar a outras páxinas web co obxectivo de mellorar o seu posicionamento
nos buscadores, aÃnda que nesta ocasión non quedaron moi claras as intencións
do autor deste secuestro, que o
servizo de alertas de Google situaba en Arxentina.
De la Fuente, impotente ante esta situación, intentou contactar cos
responsables de Blogger por distintos métodos sen éxito, e finalmente
foi a nai do secuestrador (que
resultou ser un rapaz de 15 anos) quen contactou con el para devolverlle o seu
blog tras «30 horas de pesadelo».
Ao parecer tratábase dunha trasnada
do rapaz, que foi solucionada en boa medida porque a súa proxenitora era
consciente da gravidade do asunto.
De todo isto deberÃa extraerse unha valiosa lección: non hai que pinchar nunca
en ligazóns sospeitosas pois o phishing é unha ameaza real na que poden
picar incluso experimentados blogueiros.