Sentenza condenatoria no xuízo da SGAE contra Julio Alonso

xoves, 3 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Imaxe de Julio Alonso para unha entrevista que lle fixeron para o xornal 20 Minutos

En 2004 o fundador de Weblogs, S.L., Julio Alonso, publicou no seu blog unha entrada sobre unha operación de Google Bombing contra a SGAE, para que a web do ente aparecese de primeira no buscador de páxinas web cando os usuarios buscasen pola palabra ladrones (4 anos despois aínda aparece no 3º posto), o que provocou que un avogado da SGAE solicitase a Alonso a retirada da información publicada (que sae de primeira en Google ao buscar por ladrones), ao que se negou por considerar que era unha entrada informativa e non ofensiva. En vista diso, emprenderon accións legais contra Julio Alonso.
Agora sabemos que en primeira instancia a demanda da SGAE se saldou cunha sentenza condenatoria que será recorrida, entre outras cousas porque se basea na sentenza dos caso PutaSGAE (que non é firme).
Queda por ver cómo remata esta loita legal, que resulta preocupante para moitos blogueiros que poden sentirse ameazados ante a posibilidade de que emprendan medidas xudiciais contra eles segundo o que publiquen na Internet.

PUBLICIDADE