Seresco organiza unha xornada de dixitalización no ITG

mércores, 13 de marzo do 2024 S. P.

Este xoves 14 de marzo, en horario de 16.00 a 17.30 horas, a empresa Seresco organiza a xornada Dixitalización dos procesos de xestión de calidade. Farao xunto á Oficina Acelera Peme do Instituto Tecnolóxico de Galicia e terá lugar, precisamente, na sede do ITG na Coruña. O obxectivo será explicar como a dixitalización converteuse no factor diferencial dentro dos procesos de xestión de calidade nas organizacións.
Moderadas por Daniel Vázquez, xerente de contas de solucións de transformación dixital en Seresco, Alicia Martínez, responsábel do Departamento de Calidade de Seresco, e Carmen González, desenvolvedora da ferramenta de Seresco Nubia, serán as encargadas de presentar os beneficios de dixitalizar os procesos de xestión da calidade nunha charla dirixida aos profesionais de sectores con alta regulación como a industria metalúrxica, a automoción, a química, a enxeñería, a construción ou a saúde.
Durante o evento, ademais, debateranse e analizaranse temas como a situación dos sistemas de xestión, a transformación dixital na industria ou os procesos de validación.

PUBLICIDADE