SignaMed (AtlanTTic) celebra o seu peche mostrando potencial para romper barreiras de comunicación

mércores, 28 de xuño do 2023 S. P.

Este 28 de xuño pola mañá vaise celebrar na UVigo (Edificio Miralles) o evento de peche do proxecto SignaMed. Desenvolverase de 11.00 a 12.00 horas baixo o epígrafe Rompendo barreiras de comunicación entre persoas xordas e oíntes. Participarán persoal investigador do proxecto e entidades colaboradoras.
SignaMed é un proxecto tecnolóxico de natureza práctica impulsado polo centro AtlanTTic (UVigo) co obxectivo de favorecer a inclusión da comunidade de persoas xordas e mellorar a súa calidade de vida. Trátase, máis en detalle, dunha iniciativa de ciencia cidadá financiada pola FECYT que se dirixe a crear primeiro dicionario accesíbel en Lingua de Signos en español con termos do ámbito da saúde. O dicionario medra coa colaboración da comunidade xorda, que grava a través de signamed.web.app variacións dos signos para que o sistema de Intelixencia Artificial que está por debaixo aprenda a recoñecelos e os integre no glosario de termos accesíbeis.
O acto será na sala 1 do Edificio Miralles, en formato semi-presencial (será retransmitido en directo por Uvigo-TV).
Programa da xornada
11.00 – 11.05 - Benvida aos asistentes e presentación do evento
José Luis Alba Castro, coordinador de SignaMed, Catedrático da E.E. de Telecomunicación e investigador de atlanTTic, Universidade de Vigo
Maribel do Pozo Triviño, Vicerreitora de Internacionalización da Universidade de Vigo
11.05 – 11.20 - Resultados do proxecto SignaMed, Proxección de vídeo resumen. Relator: José Luis Alba e Mª Carmen Cabeza. Universidade de Vigo.
11.20 – 11.35 - Continuación do proxecto SignaMed: SignaSalud. Relator: José Luis Alba.
11.45 – 12.00 - Evolución dos dicionarios en LSE: presente, pasado e futuro do DILSE. Relator: David Sánchez, coordinador de traducións en FCNSE (remoto).
12.00 – 12.15 - Recursos existentes que facilitan a accesibilidade das persoas xordas. Relator: Miguel Dorado, responsable de accesibilidade en FAXPG (remoto).
12.15 – 12.30 - Quenda de preguntas.

PUBLICIDADE