Simyo mellora as súas tarifas planas de Internet móbil

luns, 19 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Ao chegar o verán as compañías de telefonía móbil tende a lanzar novas promocións de banda larga móbil, ofrecendo os prezos máis competitivos as Operadoras Móbiles Virtuais (OMV), pero agochando normalmente un elemento pouco transparente: a facturación por bloques. Deste xeito, as conexións á Rede dende liñas móbiles padecen unha especie de redondeo que prexudica claramente ao consumidor, e para evitar tal, Simyo vén de anunciar que elimina os bloques, asegurando que «tarifica só o tráfico real». En breve tamén eliminarán os bloques nas tarifas de voz.
Actualmente Simyo oferta dúas modalidades de banda larga 3G pensadas para ordenadores, que van dende unha básica a 14,99 euros/mes + IVE para un 1 Gbytes de transferencia a 3,6 Mbps (superado o cal, pasarase a unha velocidade de 64 Kbps) e outra de 24,99 euros/mes + IVE para 5 Gbytes de transferencia a velocidade ilimitada tras o que a velocidade redúcese a 128 Kbps. Ambas conexións están dispoñibles só mediante contrato, aínda que sen compromiso de permanencia.

PUBLICIDADE