Smallwonders participará no Congreso de Desenvolvedores de Videoxogos

mércores, 29 de setembro do 2010 Marcus Fernández

O estudo de videoxogos lugués Smallwonders estará presente no Congreso de Desenvolvedores de Videoxogos que terá lugar en Zaragoza entre os días 14 e 16 de outubro, aproveitando este evento para que un dos seus directores creativos, Eduardo Veiga, presente o novo videoxogo que a compañía está a desenvolver para iPhone, iPod Touch e iPad e que verá a luz o vindeiro mes. O outro director creativo, Juan Albero, impartirá un relatorio titulado Coñecendo ao xogador de iPhone, no que analizará o desenvolvemento de xogos para o xogador medio do móbil de Apple.
Durante este encontro profesional terá lugar distintos relatorios, mesas redondas e sesións de traballo repartidos en 3 xornadas. Contará coa asistencia de especialistas, investigadores e creadores de videoxogos en España e no estranxeiro.

PUBLICIDADE