SmartPEME achega catro novos obradoiros sobre tecnoloxías para facer máis rendíbel o noso negocio

xoves, 20 de maio do 2021 S. P.

A Deputación de Pontevedra, a través da rede de capacitación tecnolóxica SmartPEME, dirixida a empresas, persoas autónomas e profesionais, organiza esta semana catro obradoiros en liña centrados no potencial das novas ferramentas para transformar e optimizar xeitos de traballar. As accións versan sobre como utilizar Pinterest para impulsar o teu negocio turístico, como deseñar un lead magnet para aumentar as e os seguidores por correo electrónico, como debuxar con Onshape ou como manexarse con Woocommerce, una solución para vender a través de Internet.
As actividades comezaron este martes 18 cun obradoiro sobre como utilizar Pinterest para impulsar negocios turísticos, a cargo de Mariana Rosa, e proseguiron ao día seguinte cunha actividade formativa centrada no lead magnet (como aumentar os nosos subscritores) a cargo de Fátima Faílde.
Para finalizar a semana, o xoves 20, é a quenda de Debuxo con Onshape, PartStudio I a cargo Manuel Freire, experto universitario en Robótica e Impresión 3D, quen falará da facilidade de utilización deste software de debuxo. Por último e na mesma xornada, María Aller, licenciada en Publicidade e Relacións Públicas, imparte o obradoiro Woocommerce: a Solución que Buscabas para Vender por Internet I, unha ferramenta moi sinxela que permite a montaxe dunha tenda en liña xunto con un pequeno catálogo de produtos.

PUBLICIDADE