Sony celebra os 3 anos de PS Vita con rebaixas

mércores, 18 de febreiro do 2015 Marcus Fernández

O Batman: Arkham Origins Blackgate é un dos xogos que poden mercarse estes días de oferta para PS Vita

Para conmemorar o terceiro aniversario da PS Vita, Sony está a lanzar un completo conxunto de ofertas que facilitarán a adquisición de moitos dos mellores xogos para esta plataforma de xogo. A oferta que rematará o 4 de marzo inclúe xogos como Assassin’s Creed III Liberation por 9,99 euros, Batman: Arkham Origins Blackgate por 14,99 euros, God of War Collection por 12,99 euros, LEGO Batman 3: Más Allá de Gotham por 29,99 euros, Soul Sacrifice Delta por 14,99 euros ou Gravity Rush por 6,99 euros, prezos aos que habería que engadir un desconto adicional do 10% para os usuarios de PlayStation Plus, ou sexa, que a meirande parte dos títulos ofertados estarían dispoñibles a menos da metade do seu prezo habitual.
Pero a PS Vita non é a única consola de Sony que ten ofertas estes días, e até o 25 de febreiro están a ofrecer Tomb Raider: Definitive Edition para PS4 a só 14,99 euros; así como unha serie de xogos de PS4 e PS3 que terán importantes descontos até o 4 de mazo. Unha promoción que espera revitalizar as vendas tras pasar a forte campaña de Nadal.

A edición mellorada para PS4 do último Tomb Raider tamén está estes días de oferta

PUBLICIDADE