Sony incorporará á súa tenda de e-books libros de pequenos editores e autores independentes

mércores, 30 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Para mellorar a oferta literaria para os seus lectores de libros electrónicos, Sony chegou a un acordo con Author Solutions e Smashword, plataformas que permiten a escritores e editoriais independentes difundir as súas obras en formato dixital, de xeito que os contidos distribuídos a través destas plataformas integraranse á eBook Store de Sony.
Esta medida permite que moitos editores que non chegaron a acordos previos con Sony poidan distribuír as súas obras a través da súa tenda de libros electrónicos, incrementando o seu público potencial e permitindo que os pequenos editores e autores independentes poidan difundir internacionalmente os seus textos.
Dende Sony aseguran que son quen de incorporar na súa tenda en tan só 10 días, e confirman que empregarán o formato aberto EPUB para a distribución das obras.

PUBLICIDADE