Sony matiza cómo chegan aos 17 millóns de usuarios de PSN

xoves, 15 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Dende Microsoft anunciaron a primeiros de mes extraordinarias cifras de vendas da súa Xbox 360, que chegaría aos 28 millóns e consolas, que en boa parte estaban conectadas á Internet, posto que o servizo Xbox LIVE superaría xa os 17 millóns de usuarios activos, o que era unha cantidade sen precedentes, sorprendendo moito que onte Sony asegurase que a súa PlayStation Network conta con casualmente 17 millóns de usuarios rexistrados, o que parecía bastante difícil de crer, especialmente porque a consola de Microsoft supera en máis de 8 millóns de unidades á de Sony, pero resulta que o fabricante xaponés estaba a facer certa trampa ao publicar os seus datos, pois finalmente matizaron que o número de usuarios rexistrados non son de PS3, senón que tamén inclúe aos usuarios de PSP e aos que tamén se rexistraron na web da compañía, deixando claro que pese a que a PlayStation Network sexa de balde (Xbox LIVE só permite o xogo en liña a usuarios de pago) aínda está lonxe da rede de Microsoft para o ámbito doméstico, polo que o contorno social Home tardará en poder manexar o volume de descargas de xogos e vídeos que actualmente achega a Nova Experiencia Xbox.

PUBLICIDADE