Sortearemos 3 web:tv durante Xuventude Galicia Net

luns, 11 de abril do 2011 Redacción

Durante os días 15, 16 e 17 celébrase en Compostela a 12ª edición de Xuventude Galicia Net, e durante esas datas o fabricante galego Blusens agasallará con 3 dispositivos web:tv a quen se inscriba no seu foro de desenvolvedores a través dos banners publicados en Código Cero.
O web:tv é un dispositivo do tamaño da palma da man que leva Internet e a reprodución multimedia ao televisor, achegando Wi-Fi, Internet TV, TDT de alta definición, contidos achegados a través de memorias USB e moito más ao atractivo prezo de 149 euros.
Os usuarios deste trebello poden acceder ao devandito foro de desenvolvedores para coñecer as novas oficiais relativas ao web:tv (coma o lanzamento de actualizacións que incorporan novas funcionalidades ao dispositivo), acceso á descarga de aplicacións e incluso a numerosa documentación de interese, aínda que os que tirarán máis proveito desta plataforma serán os desenvolvedores de aplicacións, que terán un apartado específico para dar a coñecer as súas obras, expor problemas e realizar peticións ao equipo de Bluesens.

O Blusens web:tv incrementa as posibilidades dos televisores con conectividade coa Internet, reprodución multimedia e sintonización e gravación da TDT de alta definición
O web:tv aposta por un mando a distancia moi simple coma interface de control

PUBLICIDADE