Spotify estrea modo sen conexión

xoves, 1 de outubro do 2009 Marcus Fernández

A plataforma musical en liña Spotify está a revolucionar o xeito de entender a reprodución multimedia, pero os usuarios do servizo tende a acceder de balde (con publicidade) ao mesmo, mentres que a compañía prefire arrastralos á súa modalidade Premium para a que é preciso pagar 9,99 euros/mes, e así lanzan distintas funcionalidades que dean un valor que vaia máis aló de non ter que aturar publicidade mentres escoitamos música.
Por exemplo, os usuarios Premium poden empregar a versión móbil do programa (dispoñible para iPhone/iPod Touch e terminais Android), e precisamente nesta aplicación é posible escoitar música incluso cando carecemos de acceso á Internet, prestación que queren levar agora ao PC, de xeito que agora permiten aos subscritores a posibilidade de almacenar no disco duro dos seus equipos ata 3.333 cancións, de xeito que para ordenadores que non están sempre conectados (ou que poden padecer cortes de conexión e velocidades lentas) resulta sumamente práctico, e así o modo sen conexión xa non é exclusiva da aplicación móbil de Spotify, senón que xa é unha característica común a todos os sabores deste servizo.

PUBLICIDADE