Spotify podería pechar unha importante ronda de financiamento

martes, 4 de agosto do 2009 Marcus Fernández

A reprodución legal de música a través da Internet é doada grazas a un servizo coma Spotify, compañía europea de nova creación que ofrece música mediante streaming e que actualmente conta con 3 fontes de ingresos: as cotas de usuarios Premium (que pagan 9,99 euros/mes por acceder ao servizo sen publicidade e incluso a través de dispositivos móbiles), a publicidade (presentada a usuarios de balde coma banners e coma cuñas de audio) e comisión polas vendas que se realicen por parte dos seus usuarios en descargas musicais. Coma gastos ten que asumir principalmente o pago de dereitos de autor por cada canción reproducida dende o seu sistema, de aí que estean a buscar fontes adicionais de financiamento, o que parecen estar a piques de concretar nunha operación na que valorarían a compañía nuns 250 millóns de dólares, e na que participarían o investidora asiático Li Ka-Shing, e os selos discográficos Universal Music Group, Sony BMG, EMI Music e Warner Music Group, que farían unha achega duns 20 millóns de dólares, dando a entender que a industria musical está conforme con este negocio, e incluso comentan que algún selo fai máis cartos con Spotify que a través de iTunes.

PUBLICIDADE