Square Enix válese de Dragon Quest para seguir os pasos de Minecraft

xoves, 9 de xullo do 2015 Marcus Fernández

Parece que todas as compañías queren replicar o éxito de Minecraft, e ao igual de a Steam chegou hai pouco LEGO Worlds como unha interesante achega baseada en figuras de LEGO, agora temos que Square Enix quere facer practicamente o mesmo, e prepara un spin-off da súa popular franquía Dragon Quest que leva por nome Dragon Quest: Builders, e que sería un xogo de rol de construción de bloques que vería a luz no Xapón no inverno, sen detallar se chegaría a saír do seu país de orixe.
O xogo contaría con versión para PS4, PS3 e PS Vita, presentaría unha aparencia pixelada moi na liña de Minecraft, e polo momento só temos unha imaxe do que podería chegar a ser este título, polo que haberá que agardar para coñecer máis detalles dun título que ten moitas posibilidades de converterse nun super-vendas no Xapón (onde a franquía de Dragon Quest ten un peso moi importante).

PUBLICIDADE