Starhawk chega ás tendas en soporte fÃsico e dixital
xoves, 10 de maio do 2012
Hoxe
chega ás tendas Starhawk, un novo
xogo para PlayStation 3 desenvolvido por LightBox Interactive en colaboración
con Sony Computer Entertainment Worldwide Studios Santa Monica, que permite
pórnos na pel de Emmet Graves, un mercenario que pode empregar a misteriosa enerxÃa de fisura para loitar contra os
mutantes Outcasts para protexer o territorio dos Rifters, argumento bastante
tópico que serve de desculpa para un xogo de moita acción na que poderemos
contar con numerosos vehÃculos (entre os que destaca unha nave que pode
transformarse nun robot xigante).
Este tÃtulo que pode mercarse tanto en formato fÃsico como en descarga ten un
prezo recomendado de 59,99 euros e aposta decididamente por un modo de xogo en
liña que permitirá enfrontar ao usuario a 31 xogadores a través da PlayStation
Network. Tamén será posible gozar de modos de xogo cooperativos. Parte dun
paquete con 10 mapas diferentes localizados en paisaxes montañosas e contornos
espaciais nos que poderá moverse o noso protagonista, que será tan personalizable
como os vehÃculos que aparecen en pantalla, enriquecendo asà o xogo.
Trailer de lanzamento de Starhawk
- No xogo poderemos empregar como vehÃculo un Hawk (nave que pode converterse nun robot xigante)
- O xogo en liña enriquecerá enormemente este tÃtulo para PlayStation 3