Steam para Linux está de camiño

martes, 17 de xullo do 2012 Marcus Fernández

A xente de Valve anunciou hai meses que, tras levar a súa plataforma de videoxogos descargables a Windows e Mac OS X, tiñan pensado dar o salto ao Linux, e finalmente confirman que os pingüíns van poder gozar pronto de Steam e do motor Source, conseguindo nun primeiro momento a adaptación do xogo Left 4 Dead 2 a Ubuntu (por ser unha das distribucións de Linux máis populares, aínda que esperan soportar máis distribucións no futuro).
Dende Valve aseguran que agora están a traballar no desenvolvemento dun cliente de Steam que funcione de xeito completo baixo Linux, na optimización da versión de Left 4 Dead 2 para que poida correr co maior rendemento posible (comparable ao da versión para Windows do xogo) e trasladar ao sistema operativo aberto outros títulos de Valve.

Left 4 Dead 2 xa funciona baixo Ubuntu

PUBLICIDADE