Sumo TV é a primeira canle de televisión británica baseada en contidos da Internet

xoves, 30 de novembro do 2006 Marcus Fernández

Os sistemas de vídeo na Internet que están a ter tanto éxito nos últimos meses dan o salto á pequena pantalla no Reino Unido, a que a web Sumo.TV conta xa cunha canle na plataforma de Sky na que se amosan os vídeos máis populares publicados na Internet.
Así, os usuarios poden subir os seus clips á web de Sumo TV coa posibilidade de que se vexan nos televisores de todo o Reino Unido. A nova canle de televisión tamén ten máis xeitos de comunicarse cos seus espectadores, xa que amosa mensaxes de texto enviadas dende o móbil, webcams, mensaxería de vídeo e streaming 3G, polo que “é o primeiro servizo integrado de contido xerado polo usuario na Rede dentro dunha canle dedicada de televisión” o que permite ós cidadáns facerso cos clásicos 15 minutos de fama que prometía Andy Warhol.
Sumo TV é un produto da empresa Cellcast, que agarda que este novo sistema evolucion de xeito que polo momento amosa 3 horas cunha selección de contidos sacados da Internet, pero que agarda que permita a creación de talk shows, concursos e mesmo xornalismo cidadán. Ou sexa, que a televisión creada polos usuarios podería estar máis preto do que moitos pensan.

PUBLICIDADE