TETRIS 99 pode mercarse para xogar fóra de liña
venres, 10 de maio do 2019
No Nintendo Direct de febreiro sorprenderon anunciando o
xogo TETRIS 99, un free-to-play do clásico Tetris para 99 xogadores en liña, que
poden gozar os subscritores de Nintendo Switch Online, e que é un dos battle royale máis orixinais que podemos
atopar no mercado, pero que agora ábrese ao público xeral a través do Big
Block DLC, un contido descargable de pagamento, que por 9,99 euros
permite que o xogo funcione fóra de liña contra 98 adversarios controlados pola
consola (contando tamén cun modo de xogo Maratón).
A posibilidade de gozar de TETRIS 99
sen conexión resulta de grande utilidade tanto para os que non queren pagar a
subscrición a Nintendo Switch Online como para os que non sempre teñen unha
conexión á Rede dispoñible e aÃnda asà queren gozar deste curioso e divertido
xogo.
VÃdeo promocional do Big Block DLC para TETRIS 99