TVE estrea unha telenovela en YouTube

luns, 10 de decembro do 2007 Marcus Fernández

Televisión Española estrea por primeira vez unha serie na Internet antes que pola súa canle convencional, de xeito que o primeiro capítulo da telenovela Marina se pode ver a través de YouTube antes que no televisor.
A nova serie producida por Telemundo emitirase en La 1 durante os serán de luns a venres, e contará a historia dunha humilde rapaza interpretada por Sandra Echeverría, que resulta ser filla ilexítima dun millonario e que, trala inesperada morte da súa nai, se muda a vivir á mansión do seu tío, atopándose coa burla e o desprezo dos que a rodean (descoñecendo que tamén ten dereito a todo ese luxo).
Actualmente TVE tamén está a apostar pola Rede para potenciar programas coma Muchachada Nui (que parece ter moitos máis seguidores na Internet que diante dos televisores), El Rey de la Comedia, Tengo una pregunta para usted, Repor ou Club de Fútbol.

PUBLICIDADE