Tecnópole estrea nova imaxe corporativa e páxina web

martes, 18 de xullo do 2023 S. P.

O Parque Tecnolóxico de Galicia está de estrea este verán por partida dobre: renova a súa imaxe corporativa e lanza unha nova páxina web, dispoñíbel en tecnopole.gal.
“En Tecnópole”, informaron os responsábeis do complexo empresarial de San Cibrao das Viñas, “cremos na importancia da innovación e da educación científica, nunha maneira máis sustentábel e humana de traballar xuntos; por iso renovamos a nosa marca e achegamos unha nova web, baseándonos na fusión entre a tecnoloxía e a natureza”.
A nova web forma parte das moitas iniciativas incluídas no Plan Estratéxico 2022-2025 da Tecnóple, concretamente do capítulo de estratexia de formación e comunicación do parque. Tanto a imaxe corporativa acaba de estrear como a nova web do parque foron lanzadas para ampliar os recursos das empresas actuais e futuras, ao tempo que se favorece un dos grandes obxectivos do dito plan (presentado os días pasados), que é establecer comunicación directa coa sociedade galega, mostrándolle os logros, achados e oportunidades da Tecnópole.

PUBLICIDADE