Telecinco reestrutura a súa oferta de Televisión Dixital Terrestre

venres, 15 de febreiro do 2008 Marcus Fernández

Agora que a TDT comeza a consolidarse (superando o 10% de cota de pantalla), as televisións españolas parece que queren tirar proveito das canles, e mentres agardamos por ver a entrada de Disney da man de Vocento, podemos ver como Telecinco reestrutura a súa oferta actual, de xeito que elimina da súa grella Telecinco Estrellas e Telecinco Sport para lanzar Telecinco 2 (canle xeralista con informativos, deportes e reality shows) e retomar a canle de series Factoría de Ficción (FDF).
O vindeiro luns será o día do cambio, de xeito que mellorará substancialmente a oferta televisiva española.


Telepromoción de Telecinco 2

Telecinco 2 será a nova aposta da cadea televisiva, que ofrecerá espazos informativos coma Reporteros, Documenta 5, Semanal Sport e as edicións de Informativos Telecinco despois da súa emisión na súa canle matriz, boletíns deportivos (aproveitando o acordo aínda vixente con Eurosport) e competicións deportivas (como a Fórmula 1 ou o campionato mundial de Superbike).
Por outra banda, Factoría de Ficción recuperarase despois de desaparecer da oferta de televisión de pago (a canle se podía seguir por Digital+ e R) dará cabida a series coma Hospital Central, El Comisario, Motivos Personales, 7 Vidas, C.S.I. ou a edición íntegra de Vientos de Agua. Tamén ofrecerá unha media de 9 películas semanais (das que 2 serán en horario de máxima audiencia). Algúns exemplos destas últimas serán Darkness, A propósito de Schmidt, El segundo nombre, Austin Powers, Novios, Dagon ou El Pequeño Vampiro.

PUBLICIDADE