Telefónica actualiza a súa rede 2G

martes, 28 de xullo do 2009

En varios foros estase a comentar que a rede de telefonía 2G de Telefónica está a actualizarse nas últimas semanas, de xeito que aparte de comunicacións de datos GPRS tamén acepta EDGE, o que agradecerán os usuarios de terminais coma o primeiro iPhone, pois agora poden acadar dende os mesmos unha velocidade de descarga de ata 236,8 Kbps (fronte aos 64 Kbps do GPRS).

PUBLICIDADE