Telefónica inaugurou a súa tenda insignia en Madrid

martes, 8 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Javier Zorrilla, director de Canal Indirecto de Telefónica durante a presentación da nova tenda madrileña

Hoxe inaugurouse oficialmente a tenda máis emblemática de Telefónica no número 28 da Gran Vía madrileña, antiga sede da compañía, que se reconverteu nun espazo comercial de 3.000 metros cadrados que se abrirá ao público o vindeiro venres ás 10:00 horas para pór á venda por primeira vez en España o agardado iPhone 3G de Apple.
A nova tenda abrirá de luns a venres de 10:00 a 22:00 horas, e para unha mellor atención contará cun equipo de 80 profesionais especializados nos distintos produtos e servizos de Telefónica, e que guiará ao visitante polas distintas zonas da tenda para coñecer e probar solucións audiovisuais de Showcase, emisión de contidos en directo, produtos e servizos de telefonía fixa para a familia e o fogar dixital, servizos orientados a discapacitados, zona para nenos e pais, exposición e venda de dispositivos móbiles, área de experimentación coa Internet, para viaxeiros, sala de televisión, sector de xogos, solucións para empresas e domótica.
Esta grande proxecto de Telefónica completarase en breve coa apertura dos andares 3º e 4º do edificio, un total de 4.000 m2 que amosarán arte e cultura ao acoller os fondos das Coleccións de Arte de Telefónica e as distintas exposicións temporais da Fundación.

A nova tenda en plena Gran Vía madrileña

O interior da tenda amosa un deseño moi moderno

PUBLICIDADE