Telefónica non dobrará de balde a velocidade do seu ADSL

venres, 4 de decembro do 2009

Nas últimas semanas o ruxerruxe apuntaba a que Telefónica ía dobrar a velocidade dos seu ADSL de balde, pero estes rumores responderían unicamente ao feito de que a operadora está a adaptar ás súas redes para mellorar as velocidades actuais, polo que non parece que vaian a facer cambios nos vindeiros meses.
Cómpre lembrar que na actualidade xa é posible pasar de 6 a 10 Mbps por só 4 euros adicionais.

PUBLICIDADE