Telefónica quítalle os límites xeográficos á súa rede de alta velocidade

xoves, 19 de novembro do 2009 Fernando Sarasketa

Telefónica ten proxectado a semana que vén subir un novo chanzo na súa achega de servizos de acceso á Rede en España. Máis polo miúdo, está previsto que subministre a partir do mesmo luns o seu paquete con Internet de alta velocidade a toda a xeografía española. Trataríase polo tanto de estender a capacidade de alcance da opción Premium, Trio Futura (conexión á rede de até 25 megas, telefonía fixa e televisión dixital), que até o de agora ofrecíase en localizacións puntuais que tiñan o privilexio de dispor de fibra óptica. A idea de Telefónica é chegar con este novo movemento de ficha a arredor de dous millóns de familias. A pregunta que nos podemos facer é: que vai poñer en xogo a compañía para solucionar o atranco da ausencia de fibra óptica?
Segundo conta a propia operadora, a alternativa vai ser posible grazas á tecnoloxía VDSL, malia que o resultado final, o que se lles subministre ás provincias a engadir á zona de cobertura, sexa un pouco inferior ás condicións da fibra óptica: 25 megas en contraposición aos 30 megas desta última. Isto no que se refire ao tope máximo, porque a firma tamén prevé a posta no mercado de tres modalidades diferentes a 10 megas.

PUBLICIDADE