Telemo anuncia un servizo de acceso á Rede por Wi-Fi de baixo custo

xoves, 5 de novembro do 2009 Marcus Fernández

Pablo Fernández, director executivo de Telemo, probando un dos seus teléfonos de moedas

A empresa galega Telemo presenta INTERNET MINI, un novo acceso á Internet de baixo custo pensado no mercado doméstico e que non precisa de liña telefónica, senón que achégase ao consumidor a través dunha rede pública de Wi-Fi.
Este novo servizo permitirá a alta en liña (por un prezo que non chegará aos 10 euros) e chegará ás zonas de influencia de centros comerciais, zonas urbanas e lugares densamente poboados, garantindo un funcionamento óptimo.
Esta operadora coruñesa partirá dos seus actuais puntos de acceso, dende os que levará o acceso a domicilios por un prezo que vai dende os 9,95 euros/mes, comezando o servizo a funcionar no compostelán polígono de Fontiñas.
Actualmente Telemo conta con puntos de acceso Wi-Fi ou teléfonos de moedas nos centros comerciais de Cuatro Caminos, Elviña, Los Rosales, Dolce Vita (A Coruña), Camelias (Vigo), Pontevella (Ourense), Área Central (Santiago de Compostela), Dolce Vita (Narón) e Pontiñas (Lalín).

PUBLICIDADE