Telepizza abre tenda virtual en Facebook

martes, 21 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Telepizza inaugurou este martes unha tenda integrada en Facebook, iniciativa enmarcada no seu plan de desenvolvemento e innovación, que ten como obxectivo crear novas canles de comunicación e venda co cliente e aproveitar as vantaxes que ofrece, o comercio electrónico.
Na actualidade, a cadea obtén a través da súa páxina web máis do 10% das vendas, unha porcentaxe que se incrementa ata o 30% nalgúns establecementos, segundo a compañía especializada en comida preparada a domicilio.
O novo sistema de venda impulsado en Facebook permite ao usuario completar o proceso de compra «de forma áxil e sinxela», acceder a todos os produtos da carta, escoller o establecemento no que quere realizar o seu pedido e, ademais, compartilo cos seus amigos.
Neste sentido, a aplicación permitirá aos fans desta rede social compartir cos seus contactos cales son os seus gustos a través do Taboleiro, recomendar pizzas cun Gústame ou mesmo crear Eventos privados.
Para celebrar a inauguración da tenda de Telepizza en Facebook ofrecen un 30% de desconto en todas as pizzas, así coma unha ración de patacas ao introducir un código promocional (FB10110V) en pedidos ata o 11 de xaneiro.

PUBLICIDADE