Telepizza estrea aplicación para iPhone

luns, 5 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Os establecementos de Telepizza aceptan dende hai tempo pedidos a través da súa páxina web, pero agora xa non será preciso estar diante do ordenador para facer tal, pois veñen de estrear unha aplicación para iPhone que permite realizar as encargas dende calquera lugar. A nova aplicación permite elixir entre as distintas pizzas do catálogo de Telepizza, ata personalizalas; tamén podemos engadir aos pedidos hamburguesas, ensaladas, pastas, complementos, postres e bebidas. Tamén facilítase a posibilidade de gardar pedidos coma favoritos, repetir un pedido anterior e moito máis, empregando a pantalla do iPhone para personalizar os pedidos e axitando o terminal para borrar a operación que estamos a realizar, estando dispoñible tanto a posibilidade de recibir o pedido no domicilio ou de recollelo na no establecemento máis próximo.

PUBLICIDADE