TikTok potencia os videos horizontais longos

martes, 30 de xaneiro do 2024 Marcus Fernández

Tras o éxito de TikTok, plataforma de vídeo en vertical que converteuse en todo un fenómeno, os seus competidores quixeron contraatacar potenciando o vídeo vertical nas súas plataformas, como os Reels de Instagram e os Shorts de YouTube, cun éxito moi dispar.
Pero agora a competición podería recruar, xa que TikTok estaría a potenciar o vídeo en horizontal de longa duración na súa plataforma, para facer fronte a YouTube no seu propio terreo. O xeito de potenciar este formato é advertido aos creadores a que, se publican vídeos orixinais de máis dun minuto de duración en formato horizontal conseguirán unha maior visibilidade destes vídeos durante as 72 horas posteriores á súa publicación.
Non é a primeira vez que TikTok aposta por vídeos de máis duración do habitual na súa plataforma e mentres a aplicación limita a creación de vídeo a 60 segundos e a subida de vídeos a 3 minutos, dende o PC deixa subir vídeos de até 10 minutos, e téñense detectado probas de subida de vídeos de até 30 minutos, probablemente para poder contar cun formato audiovisual no que poder encaixar certo tipo de publicidade que habitualmente ten o seu espazo en YouTube.
A potenciación do formato horizontal ten TikTok tamén pode responder ao feito de que a aplicación pode verse en pantallas máis anchas que as dos móbiles ordinarios, como poden ser os móbiles encartables, as tabletas e os televisores, nos que os formatos tradicionais de vídeo visualízanse mellor.

PUBLICIDADE