TikTok repartirá 60 millóns de euros entre creadores de contidos europeos

mércores, 19 de agosto do 2020 Marcus Fernández

TikTok non quere seguir a mesma sorte que Vine por desprezas aos creadores de contidos, e por iso crearon un Fondo para Creadores de TikTok que no caso europeo contará con 60 millóns de euros no primeiro ano, cantidade que confían que chegue como mínimo aos 255 millóns de euros nos vindeiros 3 anos.
O fondo repartirase entre os creadores, abríndose o 1 de setembro o proceso de selección para poder beneficiarse do fondo, tendo que cumprir estas persoas condicións como ser maiores de idade, ter máis de 10.000 seareiros, contar con máis de 10.000 visualizacións nos últimos 30 días e publicar contido orixinal de xeito regular e cumprindo coas normas do servizo.
Os beneficiarios do fondo recibirán cotas mensuais regulares en función do rendemento do seu contido, buscando así que manteñan o seu ritmo de creación e teñan incentivos para desatar a súa creatividade.
Dende TikTok anunciaron xa a 5 dos primeiros usuarios españois que pasarán a integrarse no Fondo de Creadores: a artista Cristina Luego, o fotógrafo Jordi Puig Koalitic, o responsable de La vida de Tomás, Emejotisa (quen curiosamente xa conseguira grande éxito en Vine) e o profesor de inglés Robbie V.

PUBLICIDADE