TikTok supera os 1.000 millóns de instalacións

mércores, 27 de febreiro do 2019 Marcus Fernández

Non cesan as informacións que apuntan ao éxito emerxente de TikTok, aplicación móbil que aseguran que superou os 2,7 millóns de usuarios activos ao mes en España, e que segundo Sensor Tower tería superado os 1.000 millóns de instalacións dende a App Store e Google Play (ou sexa, que esta estimación non incluiría as instalacións en territorio chinés).
Estiman que 663 millóns de instalacións de TikTok teríanse realizado en 2018, ano no que Facebook rexistrou 711 millóns de novas instalacións e Instagram 444 millóns, polo que a aplicación de ByteDance estará a consolidarse como unha das aplicacións non xogo máis instaladas a nivel mundial. De feito, no último mes conseguiu ser a aplicación distinta dos xogos máis instalada nos EE.UU.
Aínda que falamos dunha aplicación con grande éxito a nivel mundial, o que si poder resultar rechamante é saber que o 25% das descargas de TikTok pertencen á India, país que no último mes rexistrou o 43% das novas instalacións, polo que nese territorio estaría a converterse en todo un fenómeno de masas.

PUBLICIDADE