TorrentSpy.com bloquea o seu acceso dende EE.UU. para protexer os datos dos seus usuarios

martes, 28 de agosto do 2007

O buscador de ficheiros para a identificación de contidos na rede BitTorrent, TorrentSpy, con servidores nos Países Baixos, decidiu pechar o seu acceso ós usuarios sitos nos EE.UU., no que foi unha decisión que non vén provocada por ningunha causa xudicial senón que deriva do desacougo provocado polo conflito legal entre os EE.UU. e a Unión Europea no tocante ás leis que rexen a protección de datos persoais.
Fóra dos EE.UU. TorrentSpy.com continúa a ser unha web activa, pero os usuarios norteamericanos se atopan ó entrar na mesma cunha mensaxe advertindo da restrición xeográfica aplicada ós seus usuarios.

PUBLICIDADE