Trasladan ao iPad o concepto de libro pop-up

martes, 13 de abril do 2010 Marcus Fernández

O feito de que a pantalla do iPad conte con retroiluminación fai que moitos descarten o trebello coma dispositivo de lectura de libros electrónicos, posto que causaría fatiga visual durante a lectura de longos textos, pero existen casos nos que o soporte gañaría moito peso coma demostrou a xente de Atomic Antelope, que desenvolveu unha adaptación do conto de Alicia no País das Marabillas, que procura replicar a experiencia do libros pop-up, enriquecendo a lectura con animación sensibles tanto á pantalla táctil do trebello como á posición do mesmo.
Esta nova aplicación para o iPad pode mercarse por 6,99 euros, aínda que existe unha versión de balde para contemplar as súas posibilidades, para o que tamén podemos ver o seguinte vídeo:


Cómpre destacar que este revolucionario conto interactivo para o iPad só está dispoñible en inglés, polo que aínda que sexa un libro para todas as idades, deberá superar a barreira lingüística, atranco que agardemos que mude no tempo, por nos soportes electrónicos parece pouco xustificable que os produtos non teñan versións multi-lingües.


Impresionante libro pop-up de Robert Sabuda do que parece beber a nova aplicación para o iPad

PUBLICIDADE