Tres novas empresas na Tecnópole de Ourense

mércores, 8 de xuño do 2011 Fernando Sarasketa

A Tecnópole, Parque Tecnolóxico de Galicia, vén de incrementar o número de empresas ás que dá acubillo coa incorporación recente de tres novas firmas á súa incubadora principal, o Centro de Empresas de Innovación (CEI). Falamos da chegada de Backtoreality (empresa especializada no desenvolvemento e distribución de uniformes de protección persoal para o eido da seguridade) e de dúas iniciativas de mercado directamente ligadas ás novas tecnoloxías da información: Advanced Innovation Consulting e Fomento e Xestión Local.
A primeira destas empresas está especializada en servizos de apoio e xestión da innovación, sendo o ámbito natural da segunda o desenvolvemento de todo tipo de aplicacións informáticas para a xestión administrativa dos concellos.
A maiores, Fomento e Xestión Local centrará o seu traballo na consultoría en proxectos relacionados coa cultura, o medio ambiente e o turismo.
O Consello de Administración da entidade autorizou a instalación destas tres novas iniciativas de negocio no devandito Centro de Empresas e Innovación.

PUBLICIDADE