Tuenti integra xogos

mércores, 2 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Os xogos en Facebook son un éxito innegable, e coñecedores de tal situación, dende Tuenti quixeron emular tal fórmula, e chegaron a un acordo con MetroGames para o lanzamento de Tuenti Juegos, de xeito que os usuarios desta plataforma de redes sociais tan popular entre a mocidade española conta xa cun catálogo de máis de 20 xogos de diferentes categorías, animando tanto ao xogo en solitario coma cos amigos.
Dende Tuenti pretenden ampliar os provedores deste tipo de contidos, para enriquecer a oferta de títulos para os seus usuarios, que poderán aproveitar o propio chat de Tuenti para retar aos seus contactos a botar partidas nos distintos xogos que se irán incorporando paulatinamente ao sistema.

PUBLICIDADE