Twitter abandonará as versións móbiles e AIR de TweetDeck

martes, 5 de marzo do 2013 Marcus Fernández

TweetDeck é o cliente de escritorio de Twitter máis empregado, nunha <a href="http://www.flickr.com/photos/bwana/3193887489/">imaxe de Bwana McCall</a>As aplicacións oficiais de Twitter non paran de mudar respondendo aos cambios estratéxicos da compañía, e desta volta tocoulle render contas a TweetDeck, o clientes de escritorio máis popular de Twitter, que tamén gozaba de versións para móbiles Android e iPhone, que vai deixar de recibir soporte a primeiros de maio nas súas versións móbiles e con tecnoloxía Adobe AIR, nunha decisión adoptada para concentrar esforzos.
Deste xeito, Twitter só terá unha aplicación móbil oficial, mentres que manterá as súas aplicacións de escritorio para OS X e Windows, deixando de utilizar a redundante TweetDeck AIR. Entre os argumentos de Twitter para abandonar esta última tamén está o feito de que TweetDeck está accesible tanto vía web como en forma de aplicación para Google Chrome, polo que, ao existir tantas alternativas o cambio non debería de ser traumático para ningún usuarios ancorado na vella aplicación que, como as versións móbiles de TweetDeck, serán retiradas en grande medida por estar baseadas na versión 1.0 da API de Twitter, que vai deixar de empregarse paulatinamente (polo que advirten que nas vindeiras semanas van experimentar incidencias no seu funcionamento). Dende Twitter consideraron demasiado custoso actualizar tantas aplicacións oficiais á vez, e centraranse en só unhas poucas, avisando con antelación para que os usuarios vaian estudando as súas alternativas.

TweetDeck tamén está presente nos móbiles (imaxe de Johan Larsson)

PUBLICIDADE