USA Today estreará unha edición dixital co xornal páxina a páxina

martes, 28 de xullo do 2009 Marcus Fernández

O vindeiro luns o xornal norteamericano USA Today (o máis vendido en EE.UU.) estreará a súa e-Edition, unha versión electrónica que será unha réplica exacta da súa edición impresa á vez que incorpora contido adicional interactivo e exclusivo. Este novo formato dixital tamén inclúe a edición de fin de semana chamada USA TODAY EXTRA, e poderá lerse en liña, descargarse ou imprimirse por parte dos subscritores do xornal físico, existindo a posibilidade de subscribirse só a esta nova edición dixital por 99 dólares/ano ou por tramos de 9,95 dólares por cada 4 semanas.
A e-Edition do USA Today será independente da edición web do xornal, e incluirá unha selección co mellor de cada día, unha táboa de contidos, vídeos incrustados, puzzles e xogos, pequenas enquisas rápidas, modo de visualización rápida e de miniaturas, buscas, números atrasados, capacidade de texto a voz e ligazóns con contidos na web.

PUBLICIDADE