Un concurso ofrece a posibilidade de aparecer no Street Fighter IV

luns, 16 de xuño do 2008 Marcus Fernández

O usuario poderá dar cara a un dos personaxes que aparecen de fondo no xogo

O xogo Street Fighter IV promete recuperar a gloria do velo Street Fighter II, e dende Capcom queren premiar a fidelidade dos seus seguidores a través dun concurso no que convidan aos usuarios a dar razóns polas que merecerían aparecer no novo xogo, de xeito que a súa cara podería verse nun dos personaxes que aparecerán de fondo durante os combates.
Os argumentos poderán ser a xeito de textos, imaxes ou vídeos (xunto cunha imaxe de alta resolución da súa cara), debendo remitirse por correo electrónico ata o vindeiro mércores, o que servirá á xente de Capcom para ver do que son capaces os afeccionados aos xogos de loita por aparecer nos mesmos.

PUBLICIDADE