Un encontro achega a empresarios galegos as vantaxes do uso de tecnoloxías RFID

xoves, 24 de maio do 2007 Marcus Fernández

O pasado mércores o Centro Social Caixanova acolleu unha xornada técnica dirixida a promover o coñecemento dos empresarios acerca das posibilidades da Identificación por RadioFrecuencia (FRID) para os seus negocios, asistindo ó evento preto de 100 empresarios das Galicia e Portugal.
O encontro Solucións de Identificación por RFID estivo organizado por RFIDELIA, a primeira empresa de enxeñería galega especializada en solucións RFID, e contou coa participación de empresas líderes no sector a nivel mundial coma Siemens, Cisco ou Internet. O responsable desta última, Javier Péres, destacou a “elevada resposta dos empresarios galegos” ante a convocatoria do evento, afirmando a participación foi inferior en poboacións de maior magnitude.

PUBLICIDADE