Un estudio denuncia que as conexións de ADSL non cumpren coas velocidades prometidas polas operadoras
xoves, 19 de outubro do 2006
Dende os foros de ADSLZone e ADSLNet iniciaron un estudio para medir as velocidades das conexións de acceso á Internet a través de ADSL concluÃndo que a velocidade das conexións é moito menor do publicitado, de xeito que, por exemplo, os ADSL de ata 20 Mbps de Jazztel quedarÃan en velocidades que no mellor dos casos serÃa de 11 Mbps, aÃnda que a meirande parte dos usuarios nin sequera chega a velocidades de 10 Mbps.
O estudio vén a comprobar que cando menor é a velocidade contratada, maior é o grado de cumprimento coa velocidade anunciada, de xeito que a meirande das conexións de 1 Mbps achéganse ó 90% de rendemento, mentres que as de 2 Mbps apenas chegan ó 75% do prometido.
Tamén publican a disparidade nas velocidades de subida entre os distintos operadores, que parece estar bastante descompensada, con só entre 500 e 682 Kbps para as conexións de 20 Mbps.
Curiosamente a conexión que ofrecÃa máis velocidade de subida era a de 10 Mbps de Telefónica con 800 Kbps (que chegaba normalmente ós 675 Kbps) pero que veñen de reducila ata 320 Kbps, polo que na actualidade poderiamos dicir que non conexións de ADSL con velocidades de subida satisfactorias para os usuarios máis intensivos.