Un estudo empregando videoxogos conclúe que o noso apoxeo cognitivo-motriz chega aos 24 anos

martes, 15 de abril do 2014 Marcus Fernández

Que os anos teñen un claro impacto no noso rendemento no mundo real é algo innegable, e así tende a pensarse que no contorno nos corenta anos hai un punto de inflexión no que as persoas tendemos a acusar unha caída das funcións cognitivo-motoras, pero un estudio desenvolvido entre 3.305 xogadores do título de estratexia en tempo real StarCraft 2 de entre 16 e 44 anos analiza o desempeño de cada un con independencia do seu nivel de xogo, chegando a unha conclusión bastante rechamante: a decadencia cognitiva iníciase aos 24 anos de media.
Curiosamente para a realización de varias tarefas á vez non se atopa unha correlación coa idade, e no estudio tamén chega a suxerirse que esta grande diferencia nos tempos de resposta segundo as idades non é moi visible porque os xogadores de máis idade desenvolven mecánicas de xogo que reducen a carga cognitiva para compensar as súas carencias.
Este tipo de estudio é difícil de trasladar ao mundo real, pois como se conclúe no mesmo, o declive cognitivo pode compensarse, pero este tipo de análises poden axudar a entender como se desenvolven os nosos procesos mentais e demostran a utilidade dos videoxogos complexos para realizar estimacións do desenvolvemento de certas competencias.

PUBLICIDADE