Un fork de Popcorn Time inclúe soporte de series e ultima a súa versión para Android

martes, 29 de abril do 2014 Marcus Fernández

Tras o peche da páxina web de Popcorn Time, aplicación para a visualización de películas baseada en tecnoloxía de intercambio de ficheiros BitTorrent, non faltou que quixo recoller a luva para manter viva a iniciativa, e mentres o proxecto retomado como Popcorn Time segue a evolucionar, a variante Time4Popcorn parece quere coller a dianteira, e actualmente xa ofrece non só a posibilidade de ver películas, senón tamén poder reproducir series de televisión.
Este último proxecto pretende pulir a súa aplicación nas vindeiras semanas, á vez que integrar subtítulos nas series televisivas, mellorar o soporte de OS X e incluso engadir compatibilidade con Chromecast (aínda que cómpre lembrar que esta aplicación non parte dun desenvolvemento totalmente aberto, estando considerada como perigosa), aínda que o máis rechamante é que están a ultimar a publicación dunha aplicación de Popcorn Time para Android, o que facilitaría a reprodución de contidos multimedia mediante streaming en infinidade de dispositivos (aínda que actualmente xa existen solucións semellantes como Flixtor, que claramente non teñen a sona deste proxecto).

PUBLICIDADE