Un galego permítenos xogar á Escoba de balde en dispositivos con iOS

xoves, 8 de maio do 2014 Marcus Fernández

Jacobo Rodríguez, desenvolvedor galego ao que podemos agradecer a última aplicación que facilita a solicitude de cita médica a través do iPhone ou iPad, non cesa na creación de aplicacións para dispositivos móbiles, e agora atrévese cun xogo de balde, La Escoba (Española), que presume de ser o mellor xogo de Escoba para iPhone e iPad. Conta cun sinxelo deseño e permitiranos botar partidas de 2 a 4 xogadores, a posibilidade de competir en roldas de 21 puntos (para desbloquear esta opción hai que pagar 0,89 euros), con cartas personalizables e con distintos deseños de taboleiro. De queremos xogar sen publicidade poderemos realizar un pagamento de 1,79 euros.
Este sinxelo e divertido xogo aínda está nunha versión pouco madura, estando xa anunciada a corrección dun fallo no deseño das puntuacións no iPhone4S (na versión que debería ver a luz nuns 5 días) e incluso o seu soporte para varias linguas entre as que vai figurar o galego, segundo manifestou o desenvolver do xogo, o que é un motivo máis para dar unha oportunidade a esta aplicación universal que pode amenizar os nosos tempos mortos cun xogo de naipes clásico.

O xogo está adaptado para funcionar tanto en iPhone como en iPad

PUBLICIDADE