Un libro electrónico de balde aborda o tema das crises de comunicación na Rede

mércores, 29 de xaneiro do 2014 Marcus Fernández

Media ducia de profesionais da comunicación na Rede (Ana Aldea, Carlos Guardián, Carlos Hidalgo, Cristina Juesas, José Esteban Mucientes e José Rodríguez) quixeron compartir a súa experiencia en crises comunicativas dixitais, para o que crearon un manual sobre como afrontalas. Así temos Crisis de Comunicación Online, un libro electrónico publicado baixo licenza Creative Commons que podemos descargar de balde en formato PDF, ePUB e .mobi, e recolle na súa primeira parte 6 exemplos reais de como solucionaron problemas de reputación en liña en empresas, perfís persoais, o mundo asociativo, a Administración Pública, a política e a banca; mentres que no segundo bloque do volume describen estratexias xerais dende as que encarar calquera crise de comunicación en contornos dixitai.
Estamos ante un libro electrónico de grande interese pola súa compoñente práctica, pois os contidos nace das vivencias dos propios autores, facilitando que os lectores poidan asimilar mellor os consellos prácticos incluídos nas súas páxinas.

PUBLICIDADE