Un novo libro afondará na historia de The Legend of Zelda

luns, 16 de outubro do 2023 Marcus Fernández

Adrián Suárez Mouriño, director executivo do grao e mestrado en Deseño e Desenvolvemento de Videoxogos da UNIR e doutor en Narrativa de Videoxogos pola UDC, así como autor de libros como Sobre Mario, El padre de las almas oscuras e Los secretos de las Tierras Intermedias, está a ultimar o lanzamento de Los secretos de Hyrule, un libro que verá a luz o vindeiro 29 de novembro no que explorará a historia e a mitoloxía da saga The Legend of Zelda.
O libro explorará cronoloxicamente a historia dende que Din, Nayru e Farore chegaron ao mundo, cubrindo tamén os acontecementos de Breath of the Wild e Tears of the Kingdom, de xeito que é unha lectura que serve tanto para iniciarse no mundo de The Legend of Zelda como para lembrar xogadores experimentados as aventuras que os emocionaron durante anos.
Los secretos de Hyrule inclúe declaracións dos autores dos videoxogos, a explicación á mensaxe dos seus símbolos e valores estéticos e apaixonantes artigos sobre a saga da que forman parte.
A nova creación de Adrián Suárez estará dispoñible en formato físico a un prezo recomendado de 17,50 euros e en dixital por 8,99 euros.

Adrián Suárez Mouriño é o galego autor do novo libro sobre The Legend of Zelda

PUBLICIDADE