Un ransomware paralizou varias horas o Concello de Vilagarcía

venres, 13 de maio do 2016 Redacción

Durante a xornada de onte o Concello de Vilagarcía paralizou o seu funcionamento durante varias horas por mor dun malware que infectou un dos seus equipos tras a apertura dun documento adxunto nun correo electrónico que simulaba ser normal, pero que agochaba un ransomware que cifraba os contidos do equipo e pedía cartos para conseguir o contrasinal para recuperar os contidos, aínda que nesta ocasión a existencia de copias de seguridade permitiu reverter o equipo prexudicado á situación anterior á infección.
Resulta bastante preocupante que as administracións públicas poidan verse afectadas por este tipo de incidencias que normalmente só afectan a usuario pouco experimentados, pero por fortuna existen políticas de seguridade (como a realización de copias de seguridade diarias) que permiten que os danos non sexan gravosos, máis aló de provocar a inactividade durante varias horas para poder solucionar a incidencia.

PUBLICIDADE