Uncharted 4 coidará os seus modos multi-xogador
luns, 2 de maio do 2016
A unha
semana para o lanzamento de Uncharted
4: El Desenlace del Ladrón, xogo para o que boa parte dos posuidores
dunha PlayStation 4 teñen botado o ollo, dan
algúns detalles dos seus modos multi-xogador para que os potenciais
compradores saiban que terán moito contido que irá máis aló da súa campaña para
un xogador, de xeito que garantirá moitas horas de lecer.
Por unha banda destacan que os futuros mapas e modos estarán incluÃdos en Uncharted 4 sen custo adicional, evitando
asà que a comunidade multi-xogador estea fragmentada por diferentes tipos de
DLC como acontece con outros tÃtulos, confirmando un compromiso de Naughty Dog por
manter unha comunidade multi-xogador coidada, na que promoverán un xogo
imparcial, unha experiencia que vaia enriquecéndose co tempo, contidos descargables
accesibles a todos (poden desbloquearse todos os contidos xogando) e con mapas e modos que estarán dispoñibles para todos os
xogadores ao mesmo tempo.
Os modos multi-xogador xa teñen establecido un itinerario, con fases que irán
desenvolvéndose dende este verán até a primavera de 2017, aÃnda que boa parte
dos contidos xa estarán dispoñibles no lanzamento do xogo. Confirman que
poderemos gozar dos modos Ranked Team Deathmatch, Command (no que haberá que
capturar lugares de mando), Team Deathmatch, Plunder (saqueo), Warm Up Playlist
(modo pensado para comprender as mecánicas multi-xogador antes de unirse á
loita) e Trials (con partidas pseudo-competitivas contra personaxes non
xogables).